




















¡Inclúe álbum de fotos! Nova andaina solidaria contra o cancro, desta volta con saída de Camelle
14 jun 2025 . Actualizado a las 23:55 h.Tocoulles un día espléndido para gozar da costa, cun percorrido que este ano transitou entre Camelle a Arou. Axuda moito o tempo nestas citas, e tamén a animación que tiveron con música tradicional, mais a maior forza chegou aínda ao ver tal cantidade de mobilización por parte da xunta local contra o cancro de Camariñas. Acolleu este sábado o municipio, con saída precisamente dende Camelle, unha nova andaina solidaria, e a súa vicepresidenta non podía máis que agradecer a involucración dos veciños, tanto sumando pasos como colaboración noutros mesteres precisos para a ruta. Desculpou a ausencia da presidenta, por causas ben xustificadas, e cifrouse en mil as inscricións deste ano: o apoio vai a máis, e así é preciso para reforzar a investigación da enfermidade.

«Espéranos unha camiñata preciosa, pola costa, teremos pinchos, actuacións...», detallaban dende a entidade. Houbo recoñecementos, detalles, agasallos, moitas grazas, tamén ao goberno local. Foi unha xornada na que algúns dos asistentes puideron compartir camiño común: entre os participantes, persoas que transitan de preto o cancro.
Para ir gardando data, unha das vindeiras andainas solidarias será en Fisterra, o 5 de xullo, con saída ás 10.00 dende a Praza da Constitución.