
A partir do día 15, o pazo zasense pasará a abrir tódolos días da semana
11 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Dende este domingo, día 15, as Torres do Allo pasarán a estar abertas de luns a venres (11.00 a 20.00 horas), sábados e domingos (11.00 a 21.00 horas). Haberá, así mesmo, visitas guiadas ás 13.00 e ás 17.30 e un obradoiro creativo para nenos con motivo do San Xoán. Será o día 22, ás 16.00, e precísase de inscrición.