
A autora Llerena Perozo compartiu impresións cos participantes no club de lectura
04 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O club Baiolendo pechou curso cunha reunión en torno a «Os anos tranquilos», de Llerena Perozo. Ademais de deterse na protagonista, María García, falouse de emigración, a Revolución Cubana ou o espertar cultural e político galego dos 90, todo dende a ollada feminista que impregna o libro. «É unha narración que atrapa desde as primeiras páxinas e propicia unha lectura áxil, mesmo vertixinosa. Un verdadeiro canto de amor aos libros e á cultura en xeral. Un remate excelente para o noso club de lectura, que continuará o vindeiro curso con novas experiencias da man de figuras destacadas no panorama literario galego como Ledicia Costas, Fernando Castro Paredes, María Reimóndez ou Abril Camino», deron a coñecer dende Baiolendo.