
Henrique Monteaguado recibiu a representantes da entidade, presidida por Ramón Varela
31 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, vén de recibir a unha representación de Alingua, entidade que reúne preto doutras vinte, locais, co ánimo de avanzar na normalización lingüística. Preside Alingua Ramón Varela, concelleiro en Carballo, municipio dende o que tamén se desprazou a técnica Carme Pereiro. Exploráronse no encontro vías de colaboración, como a difusión de «Modo Galego, actívao!». A RAG interesouse por proxectos como Enreguéifate, Youtubeiras, Club de Debate ou Apego.