Tributo a Baldomero Cores en Cee, tripla cita coas Letras en Carballo e máis para hoxe
CARBALLO
Axenda diaria | Na Laracha botará a andar esta noite o Festival do Humor, con Celso Fernández
02 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • O Concello de Cee programou para hoxe unha xornada de homenaxe ao intelectual Baldomero Cores, cronista do municipio, falecido no 2014. Principiará o encontro ás 20.00 no auditorio que leva o seu nome, coas intervencións da alcaldesa, Margarita Lamela, e o historiador Víctor Castiñeira: Cee no pensamento de Baldomero Cores. Proxectarase un audiovisual con instantáneas da vida do protagonista da vela e seguirase no exterior da Casa da Cultura. No monumento aos Defensores das Liberdades, integrantes de Terra de Sena bailarán un muiñeira tocada por alumnos da Escola de Música. Finalizarase cunha ofrenda floral e co Himno.
Dobre e ata tripla cita coas Letras Galegas en Carballo
Hoxe • Avanzará este venres o programa das Letras Galegas en Carballo, iniciado o mércores coa presentación do Cancioneiro serodio de Xabier Díaz. O Coro Aires de Bergantiños levará hoxe foliada á residencia Domus VI (17.00 horas) e á residencia de maiores da Praza de Vigo (18.00). Dúas horas máis tarde, ás 20.00, no Pazo, proxectarase o documental Lévame a idea, incluíndo coloquio coas directoras, Vanesa Siso, Laura Varela e Iria Villares: acceso libre ata completar aforo. A peza é un recoñecemento ás creadoras e divulgadoras da música de tradición oral galega. Promove ambas citas a área de Cultura carballesa.
Outras citas: Celso Fernández na Laracha e moito máis
Hoxe • A 11.ª edición do Festival de Humor do Concello da Laracha, iniciativa municipal, botará a andar esta mesma noite. Ás 22.00 horas, na Casa da Cultura, intervirá Celso Fernández Sanmartín, narrador imprescindible da comunidade galega. O seu é un xeito único de ir fiando nos contos, tirando un por outro, como se fosen cereixas. Cómicos de primeiro nivel irán pasando pola vila, da man de Rababiero Promocións. «Rir xuntos sempre é boa cousa, polo menos sinal de intelixencia», dixo o propio Celso nun vídeo de convite á velada. As entradas teñen un custe de 10 euros e poden conseguirse na casa consistorial.
Carballo • Xornada para a solidariedade cunha nova visita da unidade móbil para a doazón de sangue: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, na Praza do Concello.
Muxía • Avanza a programación de maio no cámping Lago-Mar, xestionado pola cooperativa xuvenil Horta Creativa. Hoxe será día de microteatro de Gizen, con Javi Tink, Lexi Fraga e Aarón Quintela. Interpretarán dúas pezas, Coalición a domicilio e Para sempre: 20.00 horas.
Cee • Ás 19.30, na Casa da Cultura de Cee, inauguración da exposición Pegadas no tempo, unha retrospectiva a cargo da artista Isabel Soutullo. Chega da man de Ponteceso Cultura Permanente.
Coristanco • As Xornadas de Promoción da Saúde de iniciativa municipal seguen hoxe con dúas citas: musicoterapia ás 10.30 e fortalecemento do solo pelviano ás 18.00 e 19.30, na biblioteca.
Fisterra • Recupéranse hoxe tamén as festas do Santo Cristo aprazadas no seu momento debido ao mal tempo. Esta noite, Saudade e Full.