Segunda edición de «Intelixencia artificial para a sociedade»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Óscar e Fina son docentes no IES Maximino Romero de Lema de Baio
Óscar e Fina son docentes no IES Maximino Romero de Lema de Baio BASILIO BELLO

O libro, editado por Medulia Editorial, é toda unha ferramenta pedagóxica para estes tempos de IA 

30 abr 2025 . Actualizado a las 18:17 h.

Foi tan boa a acollida de Intelixencia artificial para a sociedade, libro escrito por Fina Paulos e Óscar Manuel Rey, que a obra vai xa pola segunda edición. Baixo o selo de Medulia Editorial, asociacións, centros de ensino, entidades educativas, compañeiros destes dous docentes e mesmo a Consellería de Educación recoñecen o valor do libro como ferramenta pedagóxica para o achegamento da IA á sociedade galega, dun xeito sumamente didáctico.