Dereitos

santipazos
santipazos O ABELLÓN

CARBALLO

10 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

recente Premio Cervantes, Luis Mateo Díez, declaraba que a vida é incómoda. Eu estou de acordo con el, mais engadiría que para moita xente é insoportable. Un exemplo claro é o de esa muller de 54 anos con esclerose múltiple que despois de ser aceptada a súa petición de eutanasia ten que esperar e seguir a sufrir porque tanto súa nai, como unha asociación chamada Avogados Cristiáns impídenlle que exerza o seu dereito mediante unha denuncia contra o hospital público de Santiago por indución ao suicidio. Insisto que esta señora cumpría con todos os requisitos que establece a lei, segundo confirma o conselleiro de Sanidade. O mesmo pasa co dereito legal a abortar, algo que en moitas comunidades autónomas resulta imposible, (non falo de Estados Unidos, onde integristas (pro vida?), increpan ás mulleres diante das clínicas), falo de España. E que conste, que comprendo, aínda que non comparto totalmente cando afecta á dereitos, todo tipo de obxección de conciencia. Pero dalgún xeito o sistema de saúde tería que buscar solucións a este tipo de conflitos, algo que na maioría dos casos non fan, e incluso entorpecen. Falamos de cumprir a lei e os dereitos cidadáns, non de caprichos nin de crenzas exotéricas. E podemos seguir co empeño dalgúns pais por (curar?) a fillas e fillos LGTBI recorrendo a terapias que están prohibidas pola OMS por ser unha tortura contranatural. Xa sei que hai moitos máis casos que afectan a violacións permanentes de dereitos recoñecidos. Hoxe quería facer fincapé especial nos casos de eutanasia, recoñecida no noso país hai ben pouco. No recordo sempre estará Ramón Sampedro. O gran problema é que sempre xorden iluminad@s que se empeñan en salvarte de ti mesmo cando xa elixiches explorar outros camiños.