O Saltarín de Guadalupe Vázquez, agora no Monte do Pindo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A docente no Manuela Rial Mouzo de Cee vén de publicar a súa terceira obra bilingüe, en galego e inglés

22 nov 2022 . Actualizado a las 00:33 h.

As pías da Moa, a Cova Casa da Xoana ou Revertedemos, os castelos de San Xurxo e de Penafiel, a Cama da Fertilidade, a grandiosa fervenza e o Xigante da Mina. Todos estes lugares do Monte do Pindo, o Olimpo Celta, poden ser visitados da man do personaxe Saltarín na que é xa a terceira obra bilingüe (galego e inglés) publicada por Guadalupe Vázquez Formoso. Logo de Chouta, Saltarín! Hop, Little Grasshopper! e Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra! Fly, Little Grasshopper, to the End of the World! vén de chegar Con Pasos de Xigante, Saltarín, no Monte do Pindo / Giant Steps, Little Grasshopper, on Mt. Pindo. É un proxecto apoiado, desta volta, pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, que sigue a liña pedagóxica das dúas obras anteriores, aínda que con novidades. Unha aprendizaxe a través do movemento, tocando temas de calado como o da inclusión. 

Guadalupe Vázquez Formoso, licenciada en Filoloxía Inglesa e mestra no CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee, segue avanzando, pois, no mundo das obras bilingües para público infantil.