Ágora

Natalia Lema Otero ECOS DA GÁNDARA

CARBALLO

22 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

teléfono naceu para facer chamadas. Hai un estudo que fala de que, ás persoas novas, non nos gusta recibir nin emitir as mesmas. Confeso que me pasa. Sinto unha mestura de estrañeza e nerviosismo. Sexamos claros, a miña xeración é a da era virtual e o plano non físico dásenos moito mellor ca unha conversa mirándonos fixamente aos ollos con calquera persoa.

O esperpento de Borja Escalona é un exemplo máis de cómo o mundo da internet pode interferir con forza tamén no mundo físico. Tripadvisor é un hándicap máis deste modo de operar. Se buscas calquera local podes encontrar opinións de calquera tipo. Ás veces, que o camareiro non poña un sorriso xa é motivo de afronta para unha opinión desmesurada e a terrible única estrela. O máis incrible é que nós, como clientes, descartamos ou seleccionamos lugares onde comer por esta información sesgada. Non digo que edulcoremos as cousas se non nos gusta algo nun restaurante pero, por favor, non sexamos hipócritas. Pensamos que nun bar nos teñen que atender de inmediato, facernos o noso café cortado coas dúas gotas de leite semidesnatado e se me apuras aínda queremos que a camareira nos sopre para que non nos queime na punta da lingua. Se te ofreces de influencer, podes pretender incluso comer gratis pola cara e ameazar a quen che sirve con esmero e dedicación polo seu traballo.

Todos somos valentes detrás dunha pantalla, escribindo textos en como encontramos pelos en pratos que nunca probamos. Quizais a penitencia que habería que impoñer serían traballos comunitarios cas mesmas quendas e ritmo de traballo ca calquera negocio hostaleiro. Internet non debería ser unha ágora pública sen mesura. Tamén deberían solicitar identificación real cada vez que se abre unha conta, en caso contrario, o insulto resulta moi barato para os desalmados.