Apoloxía dos corpos

Natalia Lema Otero ECOS DA GÁNDARA

CARBALLO

09 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

última campaña de Roxy inclúe unha surfista profesional con cadeiras grosas e curvas. Repito, deportista profesional. A polémica xurdiu de varias porcións da sociedade que din que é unha apoloxía directa á obesidade. Na Met Gala deste ano vemos a unha Kim Kardashian radiante, nun vestido prestado de Marilyn Monroe. Comenta ante a entrevistadora que tivo que esforzarse durante tres semanas para entrar en tan exclusiva reliquia. Saunas de deshidratación, dieta estrita a base de tomates e cero hidratos de carbono. É dicir, comer coma coellos. Imaxínense a unha adolescente que escoite esas palabras, quererá buscar eses milagres e experimentalos no seu propio corpo nun lapso de tempo tan reducido, caendo polo camiño en outras enfermidades como a anorexia ou a bulimia. O que non sabe esa nena ou adolescente, é que o vestido seguía sen cerrarlle por detrás e por iso levaba ese abrigo veludo tapando as faltas. Tampouco conta a influencer que apenas podía camiñar do embutidas que tiña as pernas e que, por iso, só puido vestir o traxe orixinal uns minutos.

A violencia sobre os nosos corpos existe. Hai pouco fixemos uns recoñecementos médicos e fun das persoas que non tivo ningunha incidencia na analítica a pesar de que, compañeiros cun corpo normativo, tiveron colesterol ou outras variables. A saúde non se mide unicamente na graxa corporal, aínda sendo un baremo importante para previr enfermidades coma o cancro ou a diabete. O que se debe parar é esa corrente de gordofobia que invade sociedade, os colexios e ata as redes sociais. Por iso, que importantes son as novas referentes como Priscila Arias ou Perra de Satán no Instagram, por iso de demostrarlle ás nenas que a beleza non se mide en quilos.