Diana Nogueira: «Seguimos indo ao monte e á praia e atopamos residuos e plásticos»

M. M. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

M. MORALEJO

ECOVOZ 2022 | A presentadora participou na última edición do programa medioambiental Ecovoz, de Radio Voz

28 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Non dubida en dar un «si» rotundo á hora de contestar se se define como unha persoa preocupada pola protección medioambiental. «Xa desde ben pequena porque cos meus pais nos veráns sempre iamos a sitios de mar ou de río e si que tiñamos esa educación e amor pola natureza desde ben pequenos», sinalia a presentadora Diana Nogueira.

—Agora aplica o que lle ensinaban de pequena.

—Así é. Meus pais incidiron moito nese aspecto da educación e, a medida que te fas maior, vas aplicando un pouco máis o que aprendes. Lembro que cando paseabamos polo monte e viamos un papel, unha lata ou unha cabicha xa protestábamos, enfadábanos e tamén inmediatamente recolliamos ese lixo de aí.

—En que cre que melloramos?

—Creo que agora ensuciamos aínda máis. É unha mágoa porque temos toda a información. Seguimos indo ao monte e atopamos residuos e na praia moitos plásticos. Quédanos moito. Hai que ir empezando, aínda que sexa con pequenas cousas.

—Que fai vostede no día a día?

—Por suposto que na casa reciclamos. E hai pequenas cousas como levar as bolsas ao ir a mercar, reciclar os botes para non ter que comprar máis, levar a auga en botella reciclable e as merendas dos nenos en envoltorios especiais... Tampouco utilizo ningún bote de spray.