A regueifa da semana | Tempo, virus, roubos e tamén multas
CARBALLO
A actualidade destes últimos días, en clave de humor coa regueifeira Lupe Blanco
03 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Xa chegou o mes de outubro,
ide sacando o paraugas,
que no tempo xa dixeron,
que imos ir bos de auga.
Acabouse a primavera,
porque verán pouco tivemos,
agora chega o outono
e non queda máis remedio.
E remedio hai que buscarllo,
porque xa non é normal,
para que a xente de Muxía,
co virus intestinal.
Varias ducias de afectados,
o asunto xa é serio,
se non é culpa da auga,
éche todo un misterio.
Pois nunha pescadaría,
hai misterio por Fisterra,
que lle roubaron o peixe,
disque puido ser calquera.
Os ladróns non eran tontos,
estaba todo mediatado,
que escolleron a materia
e só roubaron o caro.
Sargo, xarda e robalizas,
cabracho e abadexo,
polo carallo levaron
as bandexas de xurelo.
Pero están investigando,
a ver onde se oculta,
o ladrón de tanto peixe
vai ter unha boa multa.
E de multas vai Carballo
vaillo parecer a algún,
por radar e alcoholemias,
e máis pola zona azul.
O do alcol non ten perdón,
iso xa non se perdona,
e co límite de trinte,
ide a paso de persoa.
Pois polo centro do pobo,
hai que andar máis amodiño,
se atopas onde aparcar,
poñede o papeliño.
Xa remato esta regueifa,
e se ides a algún lado,
respectade os sinais,
pode haber un camuflado!