Ledicia Costa, escritora: «O que levo á ficción é o que fago na práctica do día a día»

María Meizoso CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

XOAN CARLOS GIL

É unha de autoras máis lidas, cada ano, nos colexios galegos

03 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

É unha de autoras máis lidas, cada ano, nos colexios galegos. Así foi o pasado. E seguirao sendo no futuro porque o compromiso da escritora Ledicia Costas coa literatura infantil e xuvenil vai moito máis aló. «É un público moi especial, sen dúbida, o meu favorito. Apórtanme moitísimo. Levo escribindo este tipo de literatura desde que teño 13 ou 14 anos. Collín ese tren e non penso soltalo», asegura.

-Recentemente, era galardoada nos Premios da Cultura de Galicia. Que sabor lle deixou ese recoñecemento?

-Agridoce. Os aforos en época de pandemia son limitadísimos, e o que tiña que ser unha festa de caras amigas foi en formato reducido. Pero por outro lado, moi contenta de poder expresar toda a miña gratitude cara esa rede que temos.

-O seu compromiso co medio ambiente está presente nas súas obras.

-Así é. Estou comprometida e así se pode ver nalgúns dos meus libros. O que levo á ficción e algo que fago na práctica do día a día. Teño varios colectores para reciclar e xa o teño sistematizado e integrado.

-E en que procura mellorar?

-Como a todos, ás veces, dáme preguiza. Hai unha loita contra un mesmo porque da traballo, pero temos que seguir. Os máis novos aprenden desde pequenos. Son todo un orgullo para o resto.