A actividade forma parte dun compendio de citas culturais previstas polo Concello para as vindeiras semanas
25 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.As nosas letras é o espectáculo do que os rapaces de secundaria de Cabana puideron gozar este martes. O primeiro no que o Mago Teto emprega a dinamización e a defensa da lingua como nexo condutor das diferentes maxias. Unha homenaxe á cultura galega a través de destacadas pezas literarias.