David Perdomo: «Merco auga en botella de cristal para evitar o uso do plástico»

O cómico coruñés explica as súas prácticas medioambientais


nesde finais do pasado mes de xaneiro, o coruñés David Perdomo acompaña a Dani Rovira no programa La noche D en La 1 de TVE. Un proxecto no que, destaca o humorista, «podo traballar co que é un dos meus mellores amigos. Pero independentemente diso é un gusto estar acompañado dos grandes profesionais cos que coincido como Antonio Resines ou Pepe Viyuela. Así que é algo así como unha cousa soñada», sinala.

 -E a nivel persoal?

-Estou con moita calma. O ano pasado ensinounos a todos moito, así que o levo con cautela. Estou desfrutando o momento e intentando facer patria por aí fóra, que falta fai.

-Os que saen na tele son exemplo de moitas cousas. Nisto do coidado do medio ambiente, como se comporta?

-Eu se me tivera que poñer nota aprobaría polos pelos. Pero no día a día si fago algunhas cousas como non coller bolsas de plástico para meter a froita no supermercado, levar unha de tela, etc. E procuro mercar a auga xa en botella de cristal para reciclar e para evitar o uso do plástico.

-Recicla?

-Teño que recoñecer que na casa non separo o orgánico, aínda que é algo básico, pero paso pouco tempo nela e, ao non consumir moito procesado, acabo separando menos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

David Perdomo: «Merco auga en botella de cristal para evitar o uso do plástico»