Un soño

David Roget A VIVA VOZ

CARBALLO

DAVID ROGET

30 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Sempre lembrarei ese 1 de xullo do 2019 coma un dos días máis felices da miña vida. Consumara un soño ó que tanto esforzo dediquei. Chegaba á casa moitas veces enchoupado pola chuvia, e outras sen folgos pola calor, co corpo marcado polas feridas dos toxos e silveiras. Andaba por zonas sen camiño, onde a maleza o devora todo, sentindo medo nalgunhas ocasións por perderme ou anoitecer máis rápido do que contaba, sabendo que a meus pais non lles agradaba a idea de estar eu só polo monte, sobre todo cando comecei as pescudas con 16 anos. Pero ver agora o resultado, eses espectaculares xogos de sombra e luz entre figuras tan fermosas feitas hai miles de anos, provócame unha ledicia inconmensurable. A suor, medo, cansazo e tempo invertido pagaron a pena con creces.