Os palleiros

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

13 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Eu ben sei que nunca fixen soa o meu palleiro», dixo onte unha das premiadas como Boa e Xenerosa. É un traballo de moitos axentes, e de moitos anos, que hoxe unha aldea como O Couto sexa un referente. Que as súas Festiletras sexan xa «un clásico da cultura galega», como afirmou Romaní. Quedaron de manifesto logros, pero tamén retos, como a urxente revitalización do rural. Moi boas vontades que conviría agora facer realidade.