A alma dos pobos


Ode Carmucha era o punto de encontro dos mariñeiros trala mañá de rapeta, namentres na de Maruxa a Cubana as súas donas criticaban as lixeiras roupas coas que a Monada conquistara a Sito, un home vello co que casara meses atrás. Uns cativos facían un burato no chan para xogar coas bólas namentres outros construían unha carrilana e botábana camiño abaixo sentíndose pilotos de fórmula 1. Mercaban pequenos xoguetes na de Manola a Chocolateira, que tamén fabricaba chocolates; era unha das tres fábricas familiares que había. Alfredo tiña unha pequena fábrica de curtidos na que traballaban sete empregados que comían na súa casa aqueles pratos caseiros que lle preparaban.

Tódolos moradores da vila, case sen se decatar, facían un pobo, unha consistente estrutura social que en moitos lugares xa se está botando a perder. Era a alma do pobo: algo imperceptible que distinguía aos de unha vila doutra, fóra de rivalidades territoriais. Alfredo pagoulle os estudos en Compostela, e acabou dando clases nun colexio lonxe da casa; case ninguén seguiu mantendo a tradición e negocios familiares. Chegaron os plans urbanísticos que permitían construír grandes bloques de vivendas no lugar das casas, e tralo troco delas por pisos flamantes, foron colonizando o centro, desprazando a poboación a outros lugares.

Pouco a pouco fomos perdendo a alma dos pobos, a súa personalidade, a memoria histórica. Quédannos as fotos antigas que algúns colgan no Facebook. As vilas convértense en lugares dormitorio sen coherencia social, nos que os seus habitantes apenas teñen pasado común.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

A alma dos pobos