A casa Ikea


Chega a España a casa prefabricada deseñada por estudantes contratados pola famosa tenda de mobles desmontados. Chámanlle Building Blocks e nace co mesmo espírito dos mobles da marca sueca, é dicir, cárgala nunha furgoneta alugada, lévala á leira e faste a túa propia casa. O máis rechamante é o prezo: 8.000 euros (163 euros/metro), ben lonxe da construción convencional, que pouco baixa dos mil euros/metro, porque aforran en man de obra -es ti o construtor-, e en entullos, porque tódalas pezas encaixan como un quebracabezas, sempre que non che sobre ou falte ningunha, porque os planos tes que baixalos de Internet.

Veñen vendernos o deseño como casas de código aberto, o que significa democratizar o mundo da construción de fogares, aplicando frases filosóficas como «os límites entre o fogar e a sociedade cada vez con máis borrosos por mor do aumento da economía de colaboración, os traballadores nómades e a tecnoloxía» e, como non podía ser doutro xeito, sustentables e beneficiosas para o planeta.

Co que non contan é coa climatoloxía galega, coas nosas normas urbanísticas nin coa necesidade de poñerlle uns alicerces debaixo, tampouco con patrimonio. Non contan que ti es o responsable da seguridade na obra nin que só teñen garantía de fabricación, pero non da montaxe. Tampouco se pode instalar sen a sinatura de arquitectos responsables que terían que pechar os ollos e pedir que non haxa unha desgraza. Alén de colaborar no incremento do paro e no peche de empresas de construción, non deixa de ser un experimento. Unha casa constrúese para toda a vida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags
Comentarios

A casa Ikea