Esquecemento

La Voz BERRO SECO

CARBALLO

25 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Congreso dos Deputados adiantóuselle ao Parlamento de Galicia no centenario da morte de Eduardo Pondal. A ningún grupo da Cámara do Hórreo se lle ocorriu presentar unha proposta relativa á figura do autor do himno de Galicia nos 100 anos do seu pasamento. Os políticos andan máis pendentes das súas liortas e nin sequera se fixan nos símbolos que lles dan lustre. Grave erro mitigado pola declaración do Congreso. En Santiago non estiveron á altura.