Amancio Ortega


De onde este país está ata o paroxismoesquizofrénico falta un alfinete. Esa é a impresión que a un lle queda despois de aturar certas declaracións de rexeitamento da filantropía de Amancio Ortega por parte da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública -Fadsp-. Para enxuizar este artigo dispoño de moita información, que ten como antecedente a Fundación Paideia Galiza presidida pola primeira muller de Amancio Ortega, Rosalía Mera dedicada ás «persoas con capacidades distintas», como a ela lle gustaba dicir, sendo unha das súas fichaxes José María Valencia Ces a quen tiven a honra de impoñerlle a primeira medalla de Ambar na Pobra do Caramiñal.

¿Pero que se agochará detrás das declaracións da Fadsp, como as da súa voceira, María Luisa Lores, á sazón radióloga do Sergas? Pois algo moi sinxelo: defender o seu bandullo e o de moitos outros parásitos que pululan na sanidade, no ensino e nos tropecentos chiringuitos que todo un PP, con maioría absoluta, non foi quen de desmontar, sumindo ás presentes e futuras xeracións nunha débeda de máis do 100 % do PIB.

¡Por fin xa se escoitan moitas voces que coinciden con este escribinte do arrepiante esvaramento de Rajoy á esquerda! Moitos somos os que cremos no altruísmo, como, por exemplo, que España encabeza os doantes de órganos do mundo, pero, ¿acaso os cirurxiáns dos transplantes traballan de balde?

Non teñen por que, pero tampouco teñen por que inmiscirse, ¡coercitivamente!, nas orientacións políticas dos nosos gobernantes, xa que para iso xa estamos nós, os votantes cando votamos... e non sempre atinamos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Amancio Ortega