Os socialistas saímos a gañar en todas as eleccións, e cando non gañamos, como pasou o 26 de xuño, que fomos a segunda forza na Costa da Morte e en España, temos un sentimento de decepción.
Os socialistas estivemos coa xente, estivemos cos traballadores do cerco, cos agricultores e os gandeiros, cos estudantes e cos pais que protestan contra as revalidas, coa xente que está obrigada a emigrar e cando retorna a este país, trátanos como estafadores, ca sanidade pública, cos pensionistas que lle obrigan a pagar copagos, contra as amnistías fiscais, etcétera, etcétera, pero non sei por que motivo o día das eleccións eses problemas semellan desaparecer.
O ambiente ao que nos tivemos que enfrontar nestes últimos seis meses non foi nada doado, unha opinión pública aderezada con centos de enquisas, todas eles equivocadas e na que todas falaban de sorpasso.
Un que é de ciencias e cre na ciencia, non cre que fosen erros, senón máis ben que todas estaban ben cociñadas. Comentario aparte o papelón de Pablo Iglesias e as Mareas: hoxe podiamos ter un goberno de esquerdas presidido por un socialista, en cambio imos ter un goberno de dereitas arrinconado pola corrupción.
Os socialistas tócanos reflexionar e analizar, e sobre todo tócanos traballar para acadar un apoio maioritario nas próximas eleccións á Xunta de Galicia.
«Non creo que as enquisas fosen erros, senón que todas estaban ben cociñadas»