Obradoiro de teatro cómico

La Voz

CARBALLO

A Fundación Eduardo Pondal xa traballa nas próximas actividades que desenvolverá na aldea pontecesá do Couto. Unha das primeiras, unha vez que remate o Simposio Pondaliano, será un obradoiro de teatro cómico, que será impartido polos integrantes do grupo teatral Os sete magníficos máis un, do que forman parte Pedro Brandariz e Fran Rei. Este obradoiro, organizado coa colaboración da Xunta a través da Rede de Dinamización Lingüística, desenvolverase entre os días 5 e 8 do mes próximo. A primeira xornada será en horario de tarde (de 18 a 21) e as tres restantes, de mañá (de 11 a 14). A inscrición é gratuíta, pero as prazas son limitadas.