A Fundación Pondal solicita apoio a Feijoo para as súas actividades

O presidente da Xunta manifestou a súa intención de visitar O Couto

.
la voz

Aínda que seguen inmersos no desenvolvemento do Simposio Pondaliano, os responsables da Fundación Eduardo Pondal xa puxeron a vista no próximo ano, que estará cargado de simbolismo para a entidade, e comezaron a buscar apoios para as súas próximas actividades.

En días pasados, o seu presidente, José Luis Fondo Aguiar e dous dos integrantes do padroado da Fundación, Xosé María Varela e María José Imia, desprazáronse ata Santiago para manter unha xuntanza co presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijoo recibiunos por espazo de máis dunha hora e interesouse polas distintas actividades que desenvolve a entidade pontecesá, como as propostas de conciliación organizadas pola Casa da Muller, nas que participan mulleres de Ponteceso, Laxe, Cabana e Malpica; ou a Escola de Tempo Libre, que en verán atendeu a decenas de nenos.

Os integrantes da comitiva pontecesá explicáronlle a Feijoo que moitas destas actividades son posibles grazas ao labor desinteresado dos voluntarios, moitos deles formados, precisamente, nun curso organizado pola propia Fundación. Tamén lle trasladaron as conclusións do estudo sobre Aldeas Sostibles realizado por expertos da Universidade de Santiago e avanzáronlle algúns detalles dos actos cos que o próximo ano conmemorarán o 50º. aniversario da celebración do Día das Letras Galegas dedicado a Eduardo Pondal, tal como se fixo no 2013 por similar motivo con Rosalía de Castro e este mesmo ano con Castelao.

No 2015 será tamén o 20º. aniversario do Simposio Pondaliano e a intención da Fundación é conmemoralo organizando un curso de verán. Asemade, con respecto ás próximas Festiletras, que se celebrarán en maio, queren ampliar a súa repercusión centrándose naqueles autores da provincia que teñen sido recoñecidos co Día das Letras Galegas.

Tras o encontro os responsables da Fundación mostraron a súa satisfacción pola boa acollida do presidente e explicaron que Feijoo lles comunicou o seu interese por visitar O Couto para poder coñecer en persoa o traballo que realiza alí a entidade.

A entidade prepara a celebración do 50º. aniversario do Día das Letras Galegas de Pondal

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

A Fundación Pondal solicita apoio a Feijoo para as súas actividades