Un acto no que os nenos terán oco

La Voz

CARBALLO

04 sep 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Logo de que remate o acto de entrega dos libros, o escritor Manuel Rivas desenvolverá unha actividade cos nenos. O alcalde, Manuel Antelo, que tamén participou onte no traslado de volumes, quixo darlle as grazas ao autor. «Demostra en primeiro lugar os seus principios altruístas e o seu compromiso. A maiores diso, pasamos a ter unha colección xa importante», apuntou. Disporase un estante coa obra do escritor e, logo, dos demais volumes farase inventario e colocaranse no lugar que corresponda.