31 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.
TODO O DÍA
Un libro, un pan. Nesta xornada de feirón, por cada libro mercado os visitantes da Praza recibirán un pan de balde.
12.30
«Contos do mar de Irlanda». O músico e escritor Xurxo Souto presenta un libro de relatos no que os mariñeiros da comarca están moi presentes.
18.00 E 19.30
O Bolechas. Os populares personaxes percorrerán a Praza dos Libros e despois presentarán o seu libro Os Bolechas en Carballo.
18.30
Dous poemarios. Mercedes Leobalde presenta Chamádeme Eva e Xosé Iglesias fai o propio con Transfusión Oceánica.
20.30
«Os televisores estrábicos». Unha hora antes do peche desta edición da Praza dos Libros será o cercedense Ramón Vilar Landeira o que dará a coñecer a súa estrea literaria.