Recordos a conservar en Malpica

Adrián Abella

CARBALLO

«Fotografía de gran forza artística, cun marabilloso equilibro renacentista», escribe Adrián Abella.
«Fotografía de gran forza artística, cun marabilloso equilibro renacentista», escribe Adrián Abella.

Imaxe de arredor de 1973, de Foto Blanco (segundo Xurxo Alfeirán Chouciño). Fotografía de gran forza artística, cun marabilloso equilibrio «renacentista». Moito se pode gozar e comentar dela pero non son profesional e podería dicir moitas tonterías. As liñas das miradas; o balanceo cara á esquerda do volume de personaxes, axudados pola costa abaixo do Piogo; o «contrapeso» do descomunal Olegario, e de Marcelino de Goiáns e José de Julia, grandes e pacíficos; o fiel da balanza en Caifás e Recho; as miradas dividindo ó grupo de 8 da esquerda: Frenxa, Michilín, Antonio de Graña e Evaristo do Botero (mirando para a cámara) e, mirando cara á dereita da foto, Sanjuán e Celestino da Mariana (de perfil) seguindo a conversación, Quirico ensimismado, e Chucho de Graña (tamén de perfil) coa mirada fóra da escena. Só quedan entre nós Jesús Graña Blanco e Evaristo Pombo Souto.

Temos moito que conservar en Malpica, e as fotografías tamén son unha gran riqueza cultural de moito valor para todos nós. Coma esta hai outras moitas fotos que non deberían perderse nunca, nin tampouco o recordo dos veciños que saen nelas nin quen foron.