Najla Shami porá música á entrega en Carballo dos premios Abertos ao galego

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

22 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A Mesa Pola Normalización Lingüística traerá hoxe a Carballo a entrega do premio Abertos ao galego, que nesta súa segunda edición recaeu na cadea de establecementos de venda de electrodomésticos San Luís. O acto servirá para reivindicar o uso do galego no eido comercial e empresarial, pero tamén terá unha vertente lúdica, coa intervención, exercendo de mestra de cerimonias da actriz e humorista Isabel Risco, e coa música de Najla Shami, unha artista galega de ascendencia palestina que hai só uns meses publicou un libro disco no que pon música aos versos de Rosalía de Castro.

No acto, que terá lugar no Pazo da Cultura ás 20.30 participarán o alcalde, Evencio Ferrero, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón. Recollerá o premio Lorenzo López, fundador de San Luís, aló polos anos 70, e que fixo do galego un dos seus sinais de identidade.