-Foi de viaxe.
-En maio fun a Praga, Viena e Budapest coa parroquia e foi unha viaxe fantástica.
-Comprou algo que non necesitaba.
-Precisamente nas viaxes soe pasar esas cousas, pero non é algo que me pase moito.
-Dixo: «Terra trágame»
-Neste mesmo momento, cando me chamaron para vir a Radio Voz (ri).
-Brindou por algo.
-Todos os anos brindamos en Nadal pola unión da familia, pola paz, polo cariño, polo amor...
-Mentiu.
-A mentira é moi fea e sempre te descobren. É moito mellor ir sempre coa verdade por diante, aínda que non sexa agradable.
-Deu un bico.
-Todos os días, á xente que aprecio e coa que me cruzo pola rúa.
-Chorou co cine ou ca tele.
-Moitas veces as noticias son catastróficas e para chorar e doume moita pena estes días as inundacións en Praga e toda esa zona.
-Riu sen ser o momento.
-Rir é moi san e hai que aproveitar todos os momentos aínda que non sexan os máis adecuados.
-¿Con quen lle gustaría tomar un café?
-Cos amigos, coa xente á que aprecio e no seu día coa Madre Teresa de Calcuta.
-¿Con quen non o tomaría?
-Incluso as persoas máis aborrecibles teñen algo aproveitable e todo o mundo é digno para tomar un café.