O can e o gato

La Voz

CARBALLO

15 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Esta é a historia dun can e un gato que vivían nun asilo para animais. Desde que naceron foron abandonados. Coma todos os anos acercábanse as datas navideñas e aínda que eles dous eran moi amigos estaban un pouco tristes porque pasaban a Noiteboa moi soíños. Nin o can nin o gato podían mandarlle unha carta a Papá Noel co que desexaban porque non sabían escribir.

Este ano ocorréuselles unha idea moi boa para que Papá Noel soubese o que desexaban con moita ansia. Todas as noites antes de durmir cada un dicía en voz alta o que desexaba. Polo xeral sempre se piden xoguetes, roupa ou calzado.

O can e o gato non querían dada diso, só pedían unha familia que os quixese.

Chegou o día e... Nada! Os seus desexos non se cumpriron. Quedaron moi tristes.

Ao día seguinte chegou ao asilo un señor que agarraba pola man a unha nena moi bonitiña pero que estaba triste porque Papá Noel non lle deixara ningún regalo, só unha carta que dicía: «Vai ao asilo de animais e alí encontrarás os teus regalos».

Ao entrar pola porta atopouse co canciño e o gatiño. Namorouse deles e levounos para a súa casa.

Ao final todos conseguiron os seus desexos: a nena, dúas mascotas moi especiais, e o can e o gato, unha familia que os mimaría e coidaría sempre.

Mención Especial Naím Blanco Rodríguez (CEIP As revoltas)