sábado 6martes 9sábado 13martes 16sábado 20

La Voz

CARBALLO

25 oct 2012 . Actualizado a las 14:45 h.

Ás 22.00 horas, na Casa dos Veciños, actuará o grupo de teatro Badius: Facer o sueco é o título da obra. Hora e media despois, A Requinta da Laxeira ofrecerá unha actuación de música tradicional.

Ás 11.00, na aula municipal de danza, actuarán os bailaríns do Centro Coreográfico de Galicia. Ás tres será Xosé Neira Vilas quen se achegue á sede da fundación para abordar os 100 anos do Himno Galego. Volverá facelo ás 18 horas e logo del intervirá musicalmente Miguel Anxo Calvo, cun acordeón diatónico. A xornada rematará cun exemplo de boas prácticas con escolares e coa proxección doutro documental.

Ás 17 horas do sábado 13 haberá unha sesión de cinema en galego, logo da cal se presentará, a cargo do GDR, a iniciativa Sabores de Bergantiños. Despois será tempo de literatura, coa presentación do libro Relatos de antaño y hogano, de Xosé Antón Pet Posse, e a novela Querida Paula, de Xosé Antonio Andrade.

Os gaiteiros do Centro Coreográfico ofrecerán «Maruxiña» ás once da mañá, na sede da fundación. Ás tres intervirá Manuel Ferreiro Fernández, primeiro para o alumnado de bacharelato, e logo, ás 18 horas. A súa conferencia leva por título A escolla lingüística de Pondal no contexto do Rexurdimento. O día rematará, ás 19.45, amosando un exemplo de boas prácticas lingüísticas dende as institucións (Concello de Ponteceso: Ponte na fala), cun documental sobre as Noites de prácido luar e a intervención musical de Alba Costa.

Felipe-Senén López e Miguel Toval guiarán un percorrido por Ferrol para conmemorar o 150 aniversario da presenza de Pondal nesa cidade. O autobús sairá ás nove da mañá de Cospindo.