A editorial Alvarellos acaba de por á venda co título Bretemada unha colección de cen poemas inéditos do escritor, humanista y activista cultural Gonzalo López Abente (Muxía, 1878-1963).
A obra, introducida polo profesor y poeta ceense Miro Villar, foi considerada como «un acontecemento literario de altísima importancia», por parte do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín. Recolle textos do autor escritos entre 1917 e 1922, nos que o nome de Bretemada non é outra cousa que unha metonimia que fai referencia a Galicia e ás súas particularidades culturais, tan amplamente diseccionadas en toda a traxectoria dun autor, que formou parte do Seminario de Estudos Galegos, publicou en todas as revistas importantes da súa época (Nós, Rexurdimiento, Ronsel, A Nosa Terra) e a quien lle foi adicado o Día das Letras Galegas de 1971.
O libro, cun prezo de venda de 20 euros, está coeditado pola fundación que o leva o seu nome.