Comezar polo principio / non é traballo doado / hai que volver percorrer / un longo camiño andado.
Camiño feito de esforzo / como fan os bos canteiros / colocando pedra a pedra / nos bos e nos malos momentos.
Gardo na miña memoria / de cando era unha nena / mañás frías de xiada / cargada coa miña carteira.
Hoxe toca matemáticas / xa estou vendo a don Manolo / dando voltas pola clase /como se falase solo...
Nunca levantaba a voz, / cousa moi agradecida / e se chegaba a berrar / era por cousa merecida.
Semellaba ser moi serio, / home de poucas palabras / pero de mirada amable / cando con el te atopabas.
Persoa de carÁcter tranquilo / case nunca tiña présa / os rapaces do meu tempo / puxémoslle de alcume «O paciencias».
Para empezar a falar / sempre daba moitas voltas / «esto... bueno... prestádeme atención... / quero explicar unha cousa».
Por iso nos sorprendía / coas súas ocorrencias / así nos falou un día / ao remate das tarefas.
«Tedes que traer firmada / esta nota de media cuartilla / pero, por favor!, que non traia / a marca do prato da tortilla».
Foron pasando nos anos / e rematou a EXB / a vida seguiu o seu curso, / pasei de nena a muller.
Casei e tiven fillos / que chegaron a ir á escola / e alí seguía don Manolo / traballando coa mesma forza.
Xeración tras xeración / viu medrar a moitos nenos. / Poderíase dicir / que foi tan pai coma maestro.
Sempre disposto a axudar, / e a petar en todas as portas / non quixo quedar atrás / na procura de melloras.
Pero nada é para sempre / vaise pechar unha etapa / así é a roda da vida / non hai quen poida parala.
Manolo: Faise pouco o papel / para tanto sentimento, / es un parágrafo moi longo / na historia deste colexio.
Colexio que ten de nome / CEIP Bormoio-Agualda, / pero se por nós fose / a cousa ben se cambiaba.
Que o saiba moita xente / porque ti así o mereces, / o nome debía de ser: / don Manuel Ramilo Calvete.
Por tantos anos que nos deches de traballo, paciencia, conciliación, seriedade, amabilidade e, sobre todo, por tanta vocación.