Asegura que os socialistas dedicáronse a crear problemas, non a resolvelos
06 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Daniel Rego González (Camariñas, 1955) tentará por segunda vez de rematar coa maioría absoluta dos socialistas en Camariñas para levar ao seu partido, o PP, á alcaldía.
-¿Como valora os últimos catro anos de goberno local?
-Despois de 28 anos de gobernos do PSOE, o último foi un que non mirou para os problemas da xente, creounos, como fixo co PXOM ou coa casa de Man.
-O PXOM foi un asunto moi criticado polo seu grupo.
-Xa vimos como foi aprobado, correndo, convocando ao pleno 24 horas antes. Pero é que tampouco fixeron os polígonos empresariais, e o tanatorio quereno poñer nun espazo imposible. Crearon tamén problemas cos montes de Buría, que quixeron mancomunar, desmantelou Protección Civil, fixo as rúas incómodas e ata moveu un cruceiro sen permiso de Patrimonio.
-¿Algo a destacar en positivo dos últimos catro anos?
-Algunha cousa tamén houbo. Pecháronse os vertedoiros, e fomos un dos últimos concellos en facelo, e púxose saneamento e estacións de saneamento, aínda que quedan zonas pendentes, como unha parte de Xaviña.
-¿E que foi o peor?
-Os grandes problemas que creou á xente. Non se pode gobernar de costas aos veciños. O alcalde é un prepotente, e ademais ten que explicar que pasou cos seguros do Concello.
-¿Como foi o mandato na bancada da oposición?
-Os plenos non foron democráticos, senón pura ditadura. O alcalde non deixou nin falar. Pensa que ter a maioría absoluta permítelle facer o que lle dea a gana.
-¿Que propostas leva o PP?
-Nós vemos posible outra forma de gobernar. O cambio é necesario e a alternancia é bonita en democracia.
-¿Algunha actuación concreta?
-O máis importante hoxe é a creación de emprego, potenciar o turismo e as industrias do mar. Tamén consensuar un PXOM con todos, apoiar aos emprendedores, reducir a débeda a as decidacións, que son demasiadas.
daniel rego gonzález
candidato do pp de camariñas
En contra
En contra
A favor
En contra
En contra
A favor
En contra
En contra, pero é un tema que hai que mirar con matices
A favor
En contra
Unha caldeirada
Son bo comedor. Doulle a todo sen problema
Un mencía
O viño
O camarón
O mero
Un Toyota Prius
Non, nunca
O Barcelona
Os deportes
Cela e Pío Moa
Leo libros técnicos relacionados co dereito
Alguien voló sobre el nido del cuco
As palilleiras
Jack Nicholson
Penélope Cruz
Pucho Boedo
As habaneras e os boleros
Non vexo moito a televisión, pero gústanme os informativos
Austria