Cre que o equipo de goberno tardou moito tempo en rematar a primeira fase do polígono
14 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Jesús Fuentes Castiñeira é novo neste mundiño da política. Enxeñeiro técnico agrícola de profesión e candidato do PSOE por Zas, cumprirá o próximo día 28 de abril 47 anos. Suso, como lle chaman os amigos e familiares, afronta as eleccións de maio «con moita ilusión e ganas de facelo ben».
-¿Que lle dixo a súa familia cando anunciou que sería cabeza de lista?
-Animoume a facelo, ao igual que os amigos. Sinto moito apoio entre os veciños e iso é un bo síntoma, evidentemente.
-O PSOE ten un edil; o BNG, 5; e o PP, tamén 5. Hasta Terra Galega ten más concelleiros que o partido socialista. ¿Desanima ver estes números?
-Cando saín elixido xa sabía ao que me enfrontaba. Para min é un reto que asumo con ilusión e responsabilidade, pero coa tranquilidade de que a candidatura está a traballar arreo para gañar a confianza dos votantes.
-¿Está disposto a pactar?
-¿Antes de tempo? Non. Eu presenteime para gañar e ser o próximo alcalde de Zas. Se non tivese iso claro no collería as rendas do partido. O que pase despois do 22 de maio non o sabe ninguén.
-¿Aposta por un futuro goberno en minoría ou con apoios estables?
-Non sei o que pasará e quen gañará, pero en principio son partidario de acordos estables, porque é o mellor para Concello. Pero, repito, aínda é moi cedo para falar de pactos e gobernos.
-¿Que botou en falta nestes últimos catro anos?
-O equipo de goberno tiña que ter rematado as obras da primeira fase do polígono industrial antes. Creo que con dous anos eran suficiente.
-¿Cales son os proxectos prioritarios para Zas, segundo o PSOE?
-As nosas necesidades básicas son as de por en marcha un centro de saúde en Baio e un centro de día no municipio. Sobre esta última infraestrutura non teño un lugar prioritario, que quede no concello, que é o que importa. Eu son dos que escapan dos localismos baratos e inútiles que non serven máis que para enfrontar aos veciños. O terceiro eixe da política do PSOE será a creación dun punto limpo, porque hai moito material sólido non contaminante que reciclar, sobre todo plásticos que se acumulan nas explotacións gandeiras.
A favor
En contra
A favor
A favor
A favor
Mellor as renovables
Baixo prescripción médica, a favor
En contra
A favor, porque consensuose a través da ONU
Gústame de todo
Bacallao
Calquera galego
Auga
Santiaguiño
A robaliza
Un Opel Frontera e un Renault Megane
Si
O Madrid da quinta do Buitre
Non teño preferencias
Lazarillo de Tormes
Ghost
Rafael, o artista do Renacemento
Patrick Swayze
Demi Moore
Joaquín Sabina e Maná
Gústame toda
Os programas deportivos e Pasapalabra