De Fisterra a Nebraska

CARBALLO

Xil Castreje leva catro anos en Estados Unidos, dando clases de español a 16 colexios por videoconferencia.

30 oct 2009 . Actualizado a las 12:54 h.

Nebraska está case, case, no centro de Estados Unidos. Dakota del Sur polo norte, Kansas polo sur, Wyoming e Colorado polo oeste e Iowa e unha pequena parte de Missouri, polo leste. O mar queda moi lonxe. Con 200.000 quilómetros cadrados de superficie (algo menos que a metade de España) e 1,7 millóns de habitantes (algo máis que a metade de Galicia). Aló, tan lonxe, hai un fisterrán. Xil Castreje López, 33 anos, empezando o quinto consecutivo en Estados Unidos, profesor de español asentado en Beatrice, unha pequena localidade (13.000 habitantes) do sureste del Estado, en el condado de Gage, uno de los 93 de Nebraska. Castreje da clases de español por videoconferencia para 16 escolas no que se denomina unha Unidade de Servizos Educativos, entes con moita autonomía, dependentes do Estado), dende o xardín de infancia ata sexto curso. El, xunto con dous compañeiros, ten 2.600 alumnos. Dan as clases por grupos, 25 minutos a cada un, de luns a xoves e o venres para recuperar. Xil chegou ata alí no 2005, por azar, grazas ás becas que concede cada ano o Goberno Español. Había 18 posibles, e el logrou unha. Licenciado en Humanidades e diplomado en inglés, primeiro empezou como axudante de conversa, gustoulle e presentouse a profesor visitante, plaza que logrou e na que vai cara o cuarto ano. Déronlle o visado por tres anos e renovouno recentemente. Esta unidade educativa é a única de Estados Unidos na que se dan as clases con tres sendings : «Os alumnos poden verme a min na pantalla, ao documento que poño no ordenador e a si mesmos. Eu teño webcams que movo co rato, vexo o que eles tocan ou fan». A vida en Nebraska é moi tranquila. Cando pasa algo, entérase todo o mundo, como aquel tremendo crime de Omaha (máis ao norte, principal cidade do Estado, con 700.000 habitantes, pero non a capital, que é Lincoln, con 250.000): «Nós estiveramos comendo alí o sábado anterior», lembra. É un traballo cómodo, «a xente é moi agradecida». A seguridade é impresionante: «No inverno, como vai moito frío, deixas o coche fóra encendido, coas chaves. As portas están sempre abertas, nunca pasa nada». O clima é extremo, ata 34 graos baixo cero no inverno e 43 no verán. A comida é boa, pero monótona. Ninguén camiña pola rúa. Cando el o fai e vai sen chándal, párano para levalo, porque se estranan, o coche úsase para todo. O peor son os tornados, meten medo. Cando aparecen, soan as sereas e hai que atopar refuxio. Xil, que xa percorreu todo o país, bota de menos Fisterra, a familia, os amigos, o mar. Dalle mágoa a falta de traballo en España, que xente formada con impostos españois teña que irse fóra.