O Concello presentará o contido do Proxecto Buserana

La Voz

CARBALLO

O salón do Voluntariado de Muxía acollerá a partir das doce a presentación do programa Descubre Muxía , elaborado por Xan Fernández Carrera. Pola tarde, a partir das sete no mesmo lugar, darán a coñecer o Proxecto Buserana, que ten por obxectivo a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial do municipio. Unha hora máis tarde, ás oito e tamén no salón do Voluntariado, actuará a coral Virxe da Barca.