«Na miña vida pública o máis importante foi a creación de Esquerda Galega, unha gran aventura»

La Voz

CARBALLO

10 feb 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

«Hai que cambiar moitas veces, e no periplo da miña vida pública o máis importante foi a creación de Esquerda Galega a partires do núcleo de Vigo, unha gran aventura que desgraciadamente fracasou, pero que tería feito grandes contribucións a Galicia, porque era xente moi boa, magníficos cadros sindicais e universitarios». Xan López Facal foi deputado por EG no Parlamento Galego con Camilo Nogueira no outro escano e nunha lexislatura, «tan dura que decidín non rematala. Éramos un grupo tan pequeno que case non podiamos falar, e topámonos coa animosidade clara do PSOE e do PP, e cunha posición de incomprensión do BNG».