A asociación deportiva e xuvenil Arecris de Fisterra inicia hoxe un amplo programa de actividades de Nadal pensadas, sobre todo, para os máis pequenos. Desde a unha da tarde poderá verse, no local da asociación, unha exposición de imaxes da Costa da Morte realizadas pola fotógrafa de La Voz de Galicia, Ana García, e ás seis actuará o Mago Pablo.
Mañá, á mesma hora, a compañía Ghazafelhos interpretará a obra Contos do Lobo , e o luns, tamén ás seis da tarde, Talía Teatro presentará Menos Lobos .
O mércores acudirá á sede da entidade a psicóloga Guadalupe López, que impartirá unha conferencia sobre técnicas de estudo.
Para a tarde do día de Noiteboa, os responsables de Arecris prepararon unha sesión de cine infantil e xuvenil e a partir das catro proxectarán as películas Kun Fu Panda , Wall-E e Hellboy el ejército dorado .
O vindeiro venres haberá outra charla, neste caso impartida polo xerente do grupo Reacteda, José Pastoriza, que falará sobre os servizos sociais actuais e os previstos no futuro. Será no Fogar do Pensionista da Casa do Mar a partir das seis da tarde.
O día 27, ás catro, comezará o campionato de tenis de mesa e o concurso de debuxo, e o domingo, ás 18.00 horas actuará o contacontos Germán Martínez e haberá unha chocolatada con churros para os nenos. Os actos rematarán o día 29 cunha sesión de monicreques que ofrecerá a compañía Alacrán (18.00 horas).?