22 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.
A Discoteca Pazos de A Laracha celebrará este sábado o festival Housefreak la Noche Vol II, que contará coa presenza dun dos dj internacionais máis importantes do momento, Mischa Daniels, que chega ao local larachés desde Holanda. Dos horas máis tarde, o madrileño Sergio Castilla, líder do colectivo Xpansive Records poñerá a guinda a unha noite na que reinará a música house e a música electrónica. As entradas poden mercarse por adiantado na tenda de Discos Gong, no centro comercial de Los Rosales, o na FNAC da Praza de Lugo, ambas en A Coruña.