Andrés Suárez presenta «Maneras de romper una ola»

La Voz

CARBALLO

O escenario do pub carballés Los 80 recibe mañá pola noite a visita de Andrés Suárez, un cantautor ferrolán que acaba de editar un novo disco, Maneras de romper una ola, producido por Tontxu. A Carballo chega despois de varias actuacións en Madrid -cidade na que vive na actualidade- e co aval de ter recibido premios en numerosos festivais para novos intérpretes celebrados en distintos puntos da Península.