Mercedes Peón presenta o seu último disco

La Voz

CARBALLO

Mercedes Peón retornará mañá á capital bergantiñá para, ao igual que fixo cos seus dos primeiros traballos, presentar en directo o seu último disco, Sihá. A polifacética artista, que de novo se somerxeu nas raíces da tradición musical galega para vestila de experimentación, promete un espectáculo pleno de entrega e de forza no que estará acompañada sobre o escenario por un extenso elenco de músicos provistos dos instrumentos máis diversos.