CORCUBIÓN
03 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.A Casa da Cultura corcubionesa acolle a partir de hoxe e ata o día 13 unha exposición organizada polo Instituto Enerxético de Galicia, a Xunta e o Concello para dar a coñecer as enerxías renovables, desde os seus inicios, e os seus usos. A mostra está pensada para atraer a persoas de todas as idades e inclúe paneis informativos e bloques interactivos.