CERCEDA
08 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Os veciños máis veteranos da localidade están de celebración posto que o Concello de Cerceda programou para hoxe a súa festa social. Os actos comezarán ás 12.30 no parque acuático, en O Acevedo, onde os convidados serán recibidos pola corporación municipal e o grupo de gaitas O Cuarteto de Queixas. Tras a misa (13.00) e a sesión vermú, amenizada polo trío Galicia (13.30), poderán degustar unha comida campestre a base de empanada, tortilla, churrasco, queixo, doces e café. A música volverá a sonar xa pola tarde coa mesma formación do mediodía e o trío Soprano.