NOVOS TEMPOS | O |
23 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.DICÍA Ramón Piñeiro, no seu Olladas no futuro, que o individualismo é unha cualidade que caracteriza ao pobo galego. Para explicalo referíase tanto a cuestións de carácter orográfico e sentimental (para darnos a coñecer un sentimento tan individual e propio como o da saudade), como tamén á estrutura económica e social do país. Pensaba Piñeiro que é necesario superar dito individualismo. Seguro que temos escoitado dicir moitas veces que en Bergantiños, Soneira e Fisterra somos moi individualistas, non como noutras zonas de Galicia. Se botaramos unha ollada ás condicións económicas e sociais poderiamos comprender o porqué dese individualismo. Con todo, tamén temos que referirnos á necesidade de cambio de mentalidade da xente. Non só teñen que mudar as condicións de vida. Cando Fernando Camarot, Suso Nécega, Xesús Carracedo ou Gema Paz Bello traballaban arreo para introducir dinámicas de carácter socializador xerando agrupacións culturais, deportivas, sindicais e políticas, estaban colaborando coa superación dese individualismo secular. Seguro que na Oficina Municipal de Información ao Consumidor, ao comezar a tratar os temas de consumo, houbo persoas ás que lles pesaba máis a ilusión de ter chegado a ser un pequeno comerciante que o papel real de consumidor. Obcecado conque a el non lle gustaría que lle fixeran o mesmo, xa nin lle pasaría pola cabeza reclamar ante consumo.