Entre os seus proxectos figura a publicación dun poemario Nos vindeiros meses porá en marcha un cursiño de agricultura ecolóxica e varios obradoiros
19 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?on hai asociación grande nin pequena, senón o ánimo de facer cousas. A entidade Neira Marcos de Salto (Vimianzo) segue a telo grande e por iso programa moitas iniciativas: obradoiros, excursións, proxectos editoriais, cursos e ata animación das cachelas de san Xoán. Todo isto acordouno o domingo nunha das dúas longas asembleas. Na primeira renovou a xunta directiva, na que hai uns pequenos cambios. A dirección queda como segue: Tareixa Ferreira, presidenta; Tareixa Mouzo, tesoureira, Bielca González Ramos é a nova secretaria; Rosa Pose López e María dos Anxos Maceiras, son vogais. Rosa Sánchez Martínez, secretaria varios anos, pasa a ser vogal. Na segunda asemblea, a presidenta deu conta das actividades do ano pasado (cursos, charlas, viaxes, magosto e representacións teatrais, entre outras). Tamén repartiu os diplomas dun cursiño de aproveitamento do monte. Ademais, os presentes acordaron, por unanimidade, organizar un seminario sobre agricultura ecolóxica, facer excursións no verán e no outono, crear un fondo fotográfico da parroquia, participar no centro de desenvolvemento de asociacións, facer obradoiros de cestería e xabóns artesáns, publicar un libro de cociña e máis un poemario de Jesús Aguiar, entre outras tarefas.