NÚMERO 7 DE TERRA GALEGA
10 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Nacín en Baldaio, no lugar de Imende, fai 54 anos. Estou casado e teño dúas fillas. Aos catorce anos comecei a traballar de albanel, e catro anos mais tarde emigrei a Suiza, onde traballei de albanel ata o ano 1976, no que retornei a España. No 1978 creei a miña propia empresa de construción cun cuñado e un irmán, e hoxe estamos no mercado do sector co nome de Construcciones y Contratas Baldayo, Sl L., con 50 empregados, e na cal obstento o cargo de administrador. En 1992 creamos unha empresa do grupo dedicada á promoción de vivendas. Son fundador da A.D.C.R. Baldaio, que presido na actualidade, e adestrador do equipo de fútbol que a representa. Esta asociación tamén organiza a Festa do Berberecho, que cumpre dez anos de andaina. Tamén fun presidente da comisión de festas de Noicela. ¿Por que me presento? Fai seis anos, Manuel Andrade díxome o que quería facer por Carballo e como gobernar un concello con decisión. Coñecendo a Andrade e sabendo toda a súa capacidade de traballo e decisión, que o honra, non o dubidei. Presenteime por primeira vez fai catro anos co CDI, hoxe Terra Galega. Durante estes catro anos formei parte da executiva do partido. Vendo o que un pode facer polo seu pobo e as carencias que nel temos non podía deixar pasar esta segunda oportunidade que se me brinda de formar parte deste grupo de persoas que está encabezado por Manuel Andrade para gobernar o Concello de Carballo durante os próximos catro anos. Se vos queredes, nós podémolo facer.