Fallado o certame «Achegamento ao libro» da biblioteca de Cee

La Voz LA VOZ | CARBALLO

CARBALLO

10 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? biblioteca municipal do Concello de Cee Francisco Mayán acaba de facer público o veredito do xurado do Concurso Literario de Achegamento ao Libro , que chega xa á súa edición número 16, ademais do teatro e dos marca-páxinas. Os premios do libro foron os seguintes: No primeiro ciclo de primaria gañou o traballo As vogais , de Sergio Cambeiro Riveiro, do colexio de O Pindo. Os accésits son para O neno e as letras , de Pablo Costa Beiro; Xavier no mundo dos contos , de Xavier Castro Lado; Benito e o rato Pérez , de Benito Freijido Novo (O Pindo); O paxariño perdido , de Carlos Busto Vázquez; Un bosque sen amistade (Eugenio López); Gústanme os libros , de Tomás Lagoa Blanco; A muda , de Roi Baldomar Carballo; e Un libro sen final , de Marcos Lado Fuentes (Manuela Rial Mouzo). En segundo de primaria gañou O tesouro escondido , de Ainhoa Conde Castro (Manuela Rial), con accésits para O neno que viaxou no tempo , de Brais Amboade Álvarez; O tesouro da miña nai , de Sofía Trillo Montero (Manuela Rial); ¿Que son as letras? , de Martina Lobelos Mendoza; O neno lector , de Zoé Quintela Costa (O Pindo); Os amigos , de Cristian Martínez Andrade, e A meseta invisible , de Jesús Velasco Bujeiro (colegio Eugenio López de Cee). En terceiro de primaria, primeiro posto para a obra Se che gusta a lectura vive esta aventura , de Míriam Crego Lago, do Manuela Rial Mouzo. Os accésits foron para Laura e o til, de Sarah González Mancha (Manuela Rial); Un mundo máxico , de Alba Santabaya Gándara; Encerrado na biblioteca , de Raquel Pola Baliña (Eugenio López); Ser escritora , de María Rodríguez Lourido; Unha historia alucinante , de Atenea Riveiro Vázquez, e ¡Menuda aventura!, de Adrián Díaz Otero (O Pindo). En primeiro ciclo de ESO foi Un bonito recordo , de Andrea Trinidad Leo (Manuela Rial), quedando os accésits para A sala número 13 , de Sandra Rodríguez Carreira; e Soñando entre libros , de Marina Riveiro Canosa (Manuela Rial). No segundo ciclo, quedou primeira Un día na praia , de Alba Cambeiro Costa (Manuela Rial), con accésit para De soño en soño , de Jesús Osa Bujeiro, do Manuela Rial. No concurso de Achegamento ao teatro , xa na oitava edición, o xurado declarou deserto o primeiro premio, con accésits para No país dos Nerios , de Laura Rivadulla Costa; Os Nerios , de Rebeca Rodríguez Caamaño (Eugenio López) e A escapada, de Antía González Figueroa, do Manuela Rial. No concurso En busca do noso marca-páxinas , que leva con éste tres anos, acadou o primeiro posto a obra Ler é unha boa ferramenta , de Xavier Pérez Soto (Manuela Rial). Os accésits van para Mergúllate na lectura, verás que aventura , de Isabel Cambeiro Lema, e Coa lectura... terás cultura , de Alicia Vilas Lagoa, ambas do Manuela Rial. En total, presentáronse 391 obras dende os colexios da comarca. A entrega de premios farase o 16 de maio, ás 18.00 horas, no salón de actos do Concello de Cee. Os premios serán libros e material didáctico. O xurado estivo integrado por Concepción Millán Calenti, directora-psicóloga do CIM de Cee; Teodomiro Lamela Rodeiro, responsable da axencia de lectura de Ameixenda; o técnico de Cultura Víctor Manuel Castiñeira Castro, e José Ramón Rey Senra, responsable da biblioteca municipal.