Cine para os máis pequenos

La Voz

CARBALLO

LAXE | LUNS (18.00 HORAS)

31 mar 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Os rapaces de Laxe poderán gozar da semana de vacacións que empeza mañá acudindo ao salón de actos municipal para asistir á proxección de Veciños invasores. Trátase dunha película de animación baseada nun popular cómic e producida pola factoría de Steven Spielberg, Dreamworks , que fala das complicadas relacións entre os animais do bosque e os humanos.