«Onte tiven que 'paiasear' moito»

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO

CARBALLO

? actor Cándido Pazó estivo onte no instituto de Baio. -Acabou moi ben, pero os profesores os teñen moi aleccionados para atender e estar calados e custoume bastante relaxalos, porque o meu espectáculo é participativo. Onte tiven que paiasear moito, meter leña no forno, pero ao final entraron. -¿Qué pasou? -Eu coido que os teñen atiborrados de actividades e machucados para que estean quietos nas conferencias. Se ve que están mandados. Tardaron como media hora en abrir a boca. -¿Hai diferenza entre os rapaces da cidade e os da zona rural? -O corte está entre o interior e a costa, pero sempre hai excepcións. Os de mar son máis lanzados, para ben e para mal, mentres que no interior son máis tranquilos, quitando Carballo. Alí realmente hai que paralos. -¿Son difíciles os adolescentes? -No ránking da dificultade eu coloco á terceira idade. A xente de 60 ou 70 anos en diante é moi desconfiada, quizais polas épocas que viviron. Eu acabo por terlles medo, porque non teñen desenvolvido o sentido do humor. Dos rapaces, os que máis me gustan con os de segundo e terceiro de ESO.